MATEMOLA 2

MATEMOLA 2

7,49 €

  • Editorial: EVEREST
  • Año de edición:
  • Materia: Libros de texto
  • ISBN: 978-84-403-1247-1
  • Páginas: 44
  • Encuadernación: Bolsillo
  • Idioma: Gallego

7,49

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

Enviar a un amigo

Este é o segundo caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Neste caderno incoroporamos o número tres, ampliando deste xeito, e de maneira progresiva, o traballo da serie numérica así como a adquisición da noción de "cantidade". Para tratar doutro xeito esta noción, establecemos cuantificacións globais de conxuntos de obxectos (poucos-moitos) e introducimos outro tipo de cuantificador (tantos como/a), que lle esixe ao neno establecer correspondencias.
No tocante ás actividades de Lóxica, seguimos a propoñer seriacións e clasificacións a partir de criterios facilmente perceptibles, tales como a forma, a cor e o tamaño; ademais, neste caderno, engadimos cores novas (negra, branca e rosa) e unha forma xeométrica tamén nova (o triángulo). Non obstante, seguiremos a traballar o cadrado e mais o círculo, de maneira que o neno vaia afianzando e relacionando o nome de cada forma co seu correspondente trazo, e que sexa capaz de distinguir unha forma da outra a partir de debuxos ou de obxectos reais.
Continuamos ampliando o desenvolvemento espacial a través das nocións (enriba-debaixo; lonxe-preto), presentando sempre obxectos e situacións que sexan coñecidas polo neno. Así mesmo traballamos as medidas do tempo (amodo-á presa) e as de capacidade (cheo-baleiro); dámoslle especial importancia á capacidade de observación e de análise do seu medio.
Para rematar, presentamos un xogo de repasar, xeito lúdico, os principais contidos matemáticos que se desenvolveron ao longo do caderno.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar