Saltar al contenido principal

XERAIS 741 resultados

Uxía e o Mar

Uxía e o Mar

Paula Merlan

-5%
6,99 € 6,64 €
  • Añadir a favoritos
Sonora

Sonora

Chus Pato

«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. ...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
A Botella de Lentellas

A Botella de Lentellas

Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Escarlatina, a Cociñeira Defunta

Escarlatina, a Cociñeira Defunta

Ledicia Costas

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un ...

-5%
15,50 € 14,73 €
  • Añadir a favoritos
Ambulancia

Ambulancia

Suso De Toro

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Crime en Compostela

Crime en Compostela

Carlos G. Reigosa

Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasina...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Coa Man Esquerda

Coa Man Esquerda

Xabier Quiroga

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou lega...

-5%
18,50 € 17,58 €
  • Añadir a favoritos
O Día que Choveron Gatos

O Día que Choveron Gatos

Eva Mejuto

Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...

-5%
13,50 € 12,83 €
  • Añadir a favoritos
A Señorita Bubble. Deus Salve As Raíñas

A Señorita Bubble. Deus Salve As Raíñas

Ledicia Costas

A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa inte...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Non Temerás os Coches Amarelos

Non Temerás os Coches Amarelos

Marta Villar

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e...

-5%
19,95 € 18,95 €
  • Añadir a favoritos
A Culpa

A Culpa

María Solar

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda...

-5%
20,50 € 19,48 €
  • Añadir a favoritos
Unha Nova Dimensión

Unha Nova Dimensión

Anxo Iglesias

A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de c...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Cicuta para Dous

Cicuta para Dous

Rocio Leira

«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas d...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Demetrio Demoscopio Perdeu a Chispa

Demetrio Demoscopio Perdeu a Chispa

Berta Dávila

Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun lib...

-5%
13,50 € 12,83 €
  • Añadir a favoritos
(Non) a Todas As Nenas Lles Gusta o Rosa

(Non) a Todas As Nenas Lles Gusta o Rosa

David Pintor

A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor. ...

-5%
15,50 € 14,73 €
  • Añadir a favoritos
Ai, que Risa! os Minimortos

Ai, que Risa! os Minimortos

Ledicia Costas

O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres. A pesar de todas as multas, Penoso segue sen levantar cabeza. Teñen que facer algo máis. A Pochiña ocórreselle unha idea: organ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Oso Banda

Oso Banda

El Hematocrítico

Á Oso banda só lle gustan as cousas brancas e negras. Ou iso parece... Un conto de humor sobre como facer equipo. ...

-5%
12,50 € 11,88 €
  • Añadir a favoritos
A Gruta Da Torre

A Gruta Da Torre

Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atop...

-5%
14,90 € 14,16 €
  • Añadir a favoritos
Animalia 4. Gris

Animalia 4. Gris

Xosé Tomás

«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. «Animalia 4. Gris» céntrase nos animais urbanos. En que nos parecemos as persoas aos animais cos que convivimos a diario? ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Estranxeiras

Estranxeiras

Carmen Granxeiro

A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas...

-5%
18,95 € 18,00 €
  • Añadir a favoritos
Lingua 2 Educación Primaria. Proxecto Tecelingua.
-5%
34,40 € 32,68 €
  • Añadir a favoritos
A Ladroa Da Biblioteca de Meirás

A Ladroa Da Biblioteca de Meirás

Eva Mejuto

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Os Megatoxos e o Reto de Internet

Os Megatoxos e o Reto de Internet

Anxo Fariña

Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños? Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o mundo, vivir onde se ...

-5%
15,50 € 14,73 €
  • Añadir a favoritos
Trece Avisos

Trece Avisos

Paula Carballeira

O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves. ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Xestas Olímpicas

Xestas Olímpicas

Hector Cajaraville Araujo

Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles. O elemento en común dos relatos que co...

-5%
13,50 € 12,83 €
  • Añadir a favoritos
As Sentinelas Do Silencio

As Sentinelas Do Silencio

Beatriz Maceda Abeleira

Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis conscient...

-5%
13,50 € 12,83 €
  • Añadir a favoritos
O Tradutor de Sombras

O Tradutor de Sombras

Moncha Fuentes

Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia. Entre a realidade e a desmesura, Roque Corbal procura no alcohol e na tradución un refuxio contra as súas propias pantasmas. Ao longo da súa crise interior, irá ...

-5%
18,95 € 18,00 €
  • Añadir a favoritos
Axente Riciños: Misión Princesa

Axente Riciños: Misión Princesa

El Hematocrítico

Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro. Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas. Algo que, coñecéndoa, non será nada doado... Tranquilas, princesas, Axente Riciños...

-5%
12,95 € 12,30 €
  • Añadir a favoritos
O Neno de Lume

O Neno de Lume

Ledicia Costas

Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa ...

-5%
14,90 € 14,16 €
  • Añadir a favoritos
Cando Leo

Cando Leo

Eva Mejuto

Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo. ...

-5%
15,95 € 15,15 €
  • Añadir a favoritos
Un Elefante Na Sala de Estar

Un Elefante Na Sala de Estar

Berta Dávila

A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era. O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social ...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Gaivota Gourmet

Gaivota Gourmet

El Hematocrítico

Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole! Un conto de humor sobre como nos alimentamos. ...

-5%
12,50 € 11,88 €
  • Añadir a favoritos
Catro Plumas de Dinosauro

Catro Plumas de Dinosauro

Rosa Aneiros

Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Os Seres Queridos

Os Seres Queridos

Berta Dávila

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiar...

-5%
17,50 € 16,63 €
  • Añadir a favoritos
Sangue no Dron

Sangue no Dron

José Ignacio Vidal Portabales

Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. ...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Non Penses Nun Elefante

Non Penses Nun Elefante

Antia Yañez

Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por...

-5%
19,95 € 18,95 €
  • Añadir a favoritos
Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros Da Saudade

Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros Da Saudade

Héctor Cajaraville

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso ...

-5%
13,95 € 13,25 €
  • Añadir a favoritos
Formigas 4. Misión Rosalía

Formigas 4. Misión Rosalía

Pere Tobaruela

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e...

-5%
14,50 € 13,78 €
  • Añadir a favoritos
Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán

Miro Villar

Un libro divulgativo sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor das Letras Galegas 2022. Unha traxectoria marcada polo compromiso antifranquista e republicano. Unha biografía ao servizo do galeguismo desde o exilio mexicano. ...

-5%
10,50 € 9,98 €
  • Añadir a favoritos
O Xenio Da Cidade Do Sal

O Xenio Da Cidade Do Sal

Fina Casalderrey

«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Cam...

-5%
15,50 € 14,73 €
  • Añadir a favoritos