FÍSICA E QUÍMICA 1º BACH. (ED. 2012)

FÍSICA E QUÍMICA 1º BACH. (ED. 2012)

Ahorras un 5,0%

31,00 €

29,45 €

Ahorras un 5,0%

31,00

29,45

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

O texto de Física e Química que segue a continuación, dirixido ao alumnado de Primeiro de Bacharelato, foi elaborado tendo en conta o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia", cumprindo, polo tanto, a normativa vixente en canto aos contidos da materia.



Ademais, a actual edición está corrixida e ampliada, dando resposta ás esixencias pedagóxicas e didácticas observadas no quefacer diario nas aulas polo profesorado e ás propias suxestións de alumnas e alumnos, e adáptase ás Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003.



Os contidos organízanse en Bloques, onde se engloban os diferentes temas. En cada tema iníciase o desenvolvemento teórico da materia partindo de niveis de complexidade baixa, dado que os coñecementos matemáticos e físicos que ten o alumnado ao remate da ESO impiden inicialos coa profundidade desexada.



Como aplicación das ideas e conceptos tratados ao longo de cada tema, aparece unha serie de "Exercicios resoltos", que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado. Os exercicios propostos ao final de cada tema levan indicada a solución para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos.



Inclúense ademais mapas conceptuais ao final de cada bloque (e proponse a súa elaboración), que facilitarán a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada tema.



Ao final do libro engádese un Anexo, referido á formulación e nomenclatura inorgánica que se considera de utilidade para o alumnado.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar