IN VINO VERITAS

IN VINO VERITAS

22,90 €

  • Editorial: GALAXIA
  • Año de edición:
  • Materia: Narrativa contemporánea
  • ISBN: 978-84-9865-379-3
  • Páginas: 388
  • Encuadernación: Rústica
  • Colección: Literaria
  • Idioma: Gallego

22,90

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos. Segundo Francisco Castro, In vino veritas é unha novela furiosa. Parodia de novela policial, deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación actuais e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida. Trátase dun texto acedo, no que o autor de 'Xeración perdida' profunda no seu estilo tan característico que xa lle coñecemos doutras obras, intervindo na historia para reflexionar sobre a realidade e as súas miserias. Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global. Por iso é unha novela furiosa.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar