- Editorial: PALABRAS ALADAS
- Año de edición: 2022
- Materia: Ensayos
- ISBN: 978-84-9151-845-7
- Páginas: 232
- Encuadernación: Rústica
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Gallego
Ahorras un 5,0%
22,90 €
21,76 €
Alerta disponibilidad onlineAhorras un 5,0%
22,90 €
21,76 €
En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra.
O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade ata daquela era erróneo, e suxire alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Conclusións que foron duramente atacadas dende o poder establecido.
Cincuenta anos, varias edicións e traducións a máis de trinta linguas tiveron que pasar para comezar a declarar a situación do planeta como de emerxencia, ao que se se suma esta primeira tradución ao galego. Posiblemente tarde, mais mellor tarde que nunca.
Añadir a mis favoritos
Compartir