OS SANTOS DAS NACIÓNS

OS SANTOS DAS NACIÓNS

RELIQUIAS E LENDAS DE CONVERSIÓN EN EUROPA

22,95 €

  • Editorial: LAIOVENTO
  • Año de edición:
  • Materia: Religión
  • ISBN: 978-84-8487-512-3
  • Colección: < Genérica >
  • Idioma: Gallego

22,95

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

22,95 €

O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado que só se pode manter viva gracias á práctica da liturxia; e sobre todo gracias á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Somentes o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Edade Media.
O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e a veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.
Neste libro pode verse un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo de eses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación , e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como regalos.
Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, nos casos dos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Santiago, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos, como Xosé de Arimatea, protector de Inglaterra, Andrés, apóstolo e patrón de Escocia e María Magdalena, a patrona de Francia que recibiu culto en Vezelay e na Provenza, ata chegar á Revolución Francesa.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar