PALABRAS DE PEDRA

PALABRAS DE PEDRA

17,00 €

17,00

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

17,00 €

Palabras de pedra é a historia dunha decisión. O protagonista, un home con autismo de alto rendemento, decide realizar unha viaxe acompañado do seu fillo Guille autista moito máis afectado—, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de todos aqueles que sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns, exesposa). A odisea que nos propón Palabras de pedra non é a viaxe en si, senón todas as vicisitudes que o personaxe principal debe sortear ata que chega o momento mesmo de subir ao avión e emprender a viaxe co seu fillo.
O relato está narrado en primeira persoa, o que obriga o lector a mirar tanto o contorno coma o resto de personaxes a través da pupila dun home con autismo, con todo o que iso supón: literalidade na linguaxe, problemas de
socialización ou nivel baixo de empatía. Ao mesmo tempo, invítao a entender que o mundo pode ser visto e vivido doutras maneiras igualmente enriquecedoras.
Palabras de pedra pretende visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, nun mundo que non está deseñado para elas e ao cal deben adaptarse, ás veces dende a soidade máis absoluta e a pesar da incomprensión e mesmo do rexeitamento.
Trátase dunha novela acerca do autocoñecemento, da asunción das propias limitacións e de como é posible aceptar o risco que supón atreverse, a pesar delas, a soñar.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar