QUEN LEVOU A LÚA?

QUEN LEVOU A LÚA?

14,90 €

  • Editorial: EDITORA OQO
  • Año de edición:
  • Materia: Álbum ilustrado
  • ISBN: 978-84-9871-692-4
  • Páginas: 36
  • Encuadernación: Cartoné
  • Colección: Colección O
  • Idioma: Gallego

14,90

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

14,90 €

Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos adultos. A noite antes da lúa chea, escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se solta do ceo e desaparece. Ao día seguinte, os lobos soben á montaña para celebrar o nacemento dos cachorros; pero, por moito que esperan, a lúa non sae. Mentres, na súa casa, o lobiño está laiándose pola dor, coa barriga inchada como un melón…

Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos; os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno.

Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas.

Mario Catelli, nesta divertida historia sobre a aprendizaxe e os pequenos descubrimentos da vida, suxire que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas.

Por último, cómpre destacar a harmonía das composicións cos elementos da natureza, realizadas mediante a técnica da colaxe, e como as expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador.

Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar