- Editorial: ESPLANADI
- Año de edición: 2020
- Materia: Relatos cortos
- ISBN: 978-84-122139-0-4
- Páginas: 88
- Encuadernación: Rústica
- Colección: < Genérica >
- Idioma: Gallego
14,00 €
Alerta disponibilidad online14,00 €
Tres fins do mundo é unha especie de descrición da realidade que nos arrodea feita a partir da deconstrución e a redución ao absurdo. Os relatos breves que compoñen o libro relaciónanse entre eles non só a través dalgún personaxe ou escenario recorrente, senón sobre todo por unha especial concepción do fantástico que subxace ao real e desa mesma realidade cotiá que, illada e habilmente extirpada de todo contexto, toma a senda inequívoca do fantástico.
En Tres fins do mundo conviven o macabro, o reflexivo, o surreal, o cotián e o transcendental, todos eles servidos en forma de petiscos que, máis que deixar o lector con mal sabor de boca pola brevidade, fan que no maxín persista un resón disonante moito tempo despois de fechar o libro.
Añadir a mis favoritos
Compartir