UN HOME ESTRAÑO

UN HOME ESTRAÑO

18,95 €

18,95

Añadir a mi cesta

Consigue 0,95 puntos TROA

En stock Pídelo ahora y recíbelo en tu casa el día 01/05/2024

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade.
Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, "Un home estraño" é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
"Un home estraño" é a segunda entrega da serie, iniciada por "A antesala luminosa" e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro & #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar