CONTOS PARA LEVAR NO PETO

CONTOS PARA LEVAR NO PETO

9,25 €

  • Editorial: XERAIS
  • Año de edición:
  • Materia: Narrativa de 10 a 12 años
  • ISBN: 978-84-8302-611-3
  • Páginas: 104
  • Colección: Infantil E Xuvenil
  • Idioma: Español

9,25

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

Contos para levar no peto é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra o seu centenario. Un libro que recolle catro relatos de lectura engaiolante, ilustrados por Fran Jaraba, que son como un tesouro secreto, pois neles, está toda a maxia que as palabras levan no seu interior.
Marilar Aleixandre escribiu "O Rato de biblioteca e a gaiteira de Marín", unha historia de carácter ecolóxico que se desenvolve na vila de Marín, logo da construcción dunha fábrica de cartonaxes moi contaminante. Os ratos vivían felices na vila, ignorantes da conspiración que contra eles se preparaba como presuntos causantes dos cheiros e das enfermidades infecciosas que alí se producían. O Rato de biblioteca e unha moza gaiteira de cabelo ó vento axudarán a resolve-lo problema.
Fran Alonso escribiu "Depende de nós", un intrigante relato sobre os medos e as ameazas que sofre unha rapaza de nome descoñecido. Medos que sabemos se poden vencer bebendo un groliño de batido de cereixas con limón.
Xosé Antón Neira Cruz escribiu "Un agasallo inesperado", unha homenaxe ó relato da fábrica de chocolate de Roald Dahl. Marcos atopou un billetiño prateado dentro dunha caixa de bombóns; aquel papeliño leva encerrado un número de catro cifras, un premio que deberá recoller na fábrica de chocolate, situada ás aforas da cidade. Alí agárdao un agasallo totalmente inesperado.
Antonio Reigosa escribiu "Aire de sumidoiro", un divertidísimo conto dunha cidade na que se acomete unha loita implacable contra a sucidade e o lixo. Os cidadáns elixiron como alcalde a Osiris Xuño Soaserra, un home totalmente obsesionado pola limpeza, que prometeu que de saír elixido precisaría de só vinteún días para poñe-la cidade aseada e relucente como para comer no chan. E abofé que o consegue.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar