QUÍMICA - 2º BACH.

QUÍMICA - 2º BACH.

32,24 €

  • Editorial: BAÍA EDICIÓNS
  • Año de edición:
  • Materia: Libros de texto
  • ISBN: 978-84-92630-12-7
  • Páginas: 383
  • Colección: < Genérica >
  • Idioma: Gallego

32,24

Alerta disponibilidad online
No Disponible El artículo se encuentra agotado para la venta online en este momento, pero puedes consultar si lo tenemos disponible en alguna de NUESTRAS LIBRERÍAS:

Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi elaborado tendo en conta o Decreto que establece o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia".



Os contidos do texto organízanse en nove temas e un apéndice. Os temas correspóndense cos que se establecen no citado Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (salvo o tema 4: Cinética química, que non aparece no Currículo, pero completa o estudo da reacción química). Ademais engádese o tema 0 como repaso do estudado no primeiro curso de Bacharelato, xa que será materia de exame nas PAAU e debemos lembrar que moitos dos alumnos e alumnas de Segundo de Bacharelato farán estas probas cando remate o curso.



En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de "Exercicios resoltos" que pretenden servir de guía e axuda para o alumnado na aplicación das ideas e conceptos que se van desenvolvendo no tema.



Co fin de facer unha revisión do estudado, ao final de cada tema propóñense unha serie de exercicios que levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos. Moitos destes exercicios, así como algúns dos resoltos, propuxéronse no seu día nas PAAU de COU. Ademais recóllense, a modo de orientación, os exercicios que apareceron nas PAAU (LOXSE) desde o ano 1996 até o 2008.



Na maioría dos temas desenvólvense prácticas de laboratorio, que servirán para aplicar algúns dos conceptos estudados na práctica, non debemos esquecer que a Química é unha ciencia experimental. Ademais, na PAAU de Química aparecerá unha cuestión sobre prácticas de laboratorio que puntuará até dous puntos.



As actividades TIC que se propoñen son tarefas de investigación que se poden realizar en grupo, polo conxunto da clase ou individualmente. Pretenden relacionar os contidos co medio no que vivimos, e fomentar o emprego das TIC.



Ao final dos temas inclúese mapas conceptuais que facilitan a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada unidade.



No apéndice indícanse as principais constantes físicas e químicas, que poden ser de utilidade para o alumnado.

Política de privacidad

Hola! Hemos cambiado nuestra política de protección de datos para adecuarnos al nuevo Reglamento General de Protección de Datos (RGPD), en vigor desde el pasado 25 de mayo de 2018. Para continuar siendo cliente y poder gestionar tus pedidos, necesitamos que des tu consentimiento a dicha nueva política.

Continuar