Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas. Neste novo libro Fed...
Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas.
Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.
O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.
O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.
O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.
O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.
En El deseo de los otros, Hanna Limulja nos abre una puerta al mundo yanomami a través de los sueños. ¿Con qué sueñan los yanomami? ¿Qué significa soñar y por qué es importante? Entre los yanomami, los sueños no son deseos inconscientes del sujeto, tal y como los describe el psicoanálisis, sino que soñar es habitar otros mundos, encontrarse con otros seres. Los yanomami ponen e...
Aisthesis significa sensación, sensibilidad, comprensión y percepción de la realidad. Sin sensibilidad es imposible el dolor, la pasión, el arte, la experiencia de la armonía, de la belleza y sin duda, el conocimiento. ...
La especie animal más dominante de la historia, el Homo sapiens, podría morir de éxito. El cerebro que nos llevó a la Luna nunca dejó de ser el mismo que movía a nuestros ancestros del Paleolítico, el que les mantenía en permanente alerta frente a depredadores y otros peligros mortales. Un cerebro tribalista, preparado, no para hacernos felices, sino eficaces, en un mundo en el...
Roma no es una ciudad, sino una idea: la forma que encontró el tiempo para no desaparecer. Bajo sus calles cada capa conserva lo que fuimos; sobre ellas cada mirada inventa lo que permanece. En estas páginas Miguel Barrero recorre sus ruinas, sus cuerpos y sus mitos para preguntarse si la eternidad existe o si, como todo lo humano, no es más que un relato que necesitamos creer....
El testimonio de la primera mujer del mundo en casarse con un holograma: una artista catalana. Descubre una historia revolucionaria en la que la frontera entre lo humano y lo artificial se difumina. Una unión que desafía convenciones y despierta cuestionamientos profundos sobre la identidad, la intimidad y el significado del compromiso. Un libro que cuestiona los modelos de «pa...
El ser humano antiguo sobrevivía. El ser humano moderno subsiste. A nuestro alcance tenemos la capacidad de supervivir. Aquí te mostraremos cómo. Las especies vivas llevan poblando la Tierra unos 3.500 millones de años. Durante todo este tiempo, astronómicamente imposible de comprender por la mente humana, la vida siempre estuvo conectada a la naturaleza. Nunca fue necesario ex...
Durante la pandemia, Caístulo cayó en coma en el monte. Luego de once horas inconsciente, comenzó a escuchar y a cantar el canto de las madres que es lo que solemos llamar árboles. La transcripción de ese encuentro es lo que conforma a Un texto camino, el primer libro que Caístulo y Zelko hicieron juntos, que circuló por infinitos territorios y fue traducido a varias lenguas. A...
Un estudio esencial sobre la imaginación que sigue inspirando a antropólogos, mitólogos y críticos de arte. «El mérito de Durand consiste en haber mostrado que detrás de toda cultura hay una constelación imaginaria que opera antes de que el lenguaje diga y mucho antes de que la lógica organice».Ivan Pintor Considerado un clásico de la antropología, Las estructuras antropológica...
-5%
27,90 €26,51 €
Añadir a favoritos
-5%
15,00 €
14,25 €
Sobre IBD (Impresión Bajo Demanda)
Impresión bajo demanda (IBD) o publicación bajo demanda (POD – Print On Demand) es un sistema de publicación en la que se imprime solamente el número de ejemplares necesarios para atender su pedido (Impresión 1x1).
Imprimiremos el libro para usted, por lo que no está permitida la anulación, ni devolución del pedido (salvo error o defecto de imprenta).
17877606016a8f0fd97611a00
https://www.troa.es/libro/a-festa-do-entroido_796347796347A Festa Do EntroidoSe se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas.
Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.
O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.
O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.
O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.
O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio. https://www.troa.es/imagenes/9788415/978841507834.webp14.2515.005.000.75InStockhttps://www.troa.es/imagenes/9788415/978841507834.webp1635735162547916324091623334162034116006041614610159127215919161568254
Esta web utiliza cookies propias y de terceros que permiten al usuario la navegación a través de una página web (técnicas), para el seguimiento y análisis estadístico del comportamiento de los usuarios (analíticas), que permiten la gestión de los espacios publicitarios que, en su caso, el editor haya incluido en una página (publicitarias) y cookies que almacenan información del comportamiento de los usuarios obtenida a través de la observación continuada de sus hábitos de navegación. Si acepta este aviso consideraremos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí.